viernes, 21 de abril de 2017

SEMANA SOLIDARIA DO BANCO VECIÑAL DE ALIMENTOS DE TEO. COLABORA!

Sabías que en Teo existe un Banco Veciñal de Alimentos? Desde hai catro anos veciñas e veciños do concello xuntámonos nesta iniciativa de participación cidadá contra a desigualdade e o desperdicio de alimentos. Os servizos sociais do concello determinan as familias que son usuarias deste servizo.

 Nesta Semana Solidaria queremos pedirche colaboración: co teu tempo, facéndote voluntario/a, ou aportando alimentos: do 24 o 30 de abril recolleremos as doazóns nos centros escolares e no auditorio Constante Liste. Precisamos sobre todo leite, aceite e conservas, pero podes colaborar co que queiras. O domingo 30 de abril xuntarémonos no auditorio da Ramallosa Constante Liste para escoitar os contos e as cancións infantís de Luís Vallecillo. Será ás doce do mediodía e con entrada de balde. Vén coñecer o Banco Veciñal de Alimentos de Teo! 



Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.