jueves, 8 de mayo de 2014

PROGRAMACIÓN DOS ROUTEIROS - CONCELLO DE TEO



O CONCELLO DE TEO INICIA UN CALENDARIO DE ROTEIROS QUE PORÁN EN VALOR ESPAZOS NATURAIS PROPIOS



A ruta do 8 de xuño, na zona de Calo, farase en O Departamento de Participación Veciñal, dirixido por Ignacio Iglesias, presenta un programa de roteiros para as vindeiras semanas nas que se tentará gozar do patrimonio natural teense. As rutas están pensadas para que poidan participar persoas de todas as idades e terán unha duración de dúas horas cunha dificultade baixa. Trátase de buscar alternativas de ocio no entorno máis próximo e póñense en marcha agora coincidindo coa melloría do tempo.
As datas previstas destes roteiros son o 11 de maio dende a capela de Santa Ana ata o pico da Grela (Lampai), o 8 de xuño na zona de Francos (Calo), o 15 de xuño farase unha andaina dende a Burga polas ribeiras do Ulla. O 29 de xuño farase un roteiro aínda sen definir xa que estará coordinado con Aspamite e se adaptará ás persoas da asociación con discapacidade. A maiores destas citas en fin de semana dende a piscina municipal da Ramallosa tamén se van realizar andainas todos os xoves entre as 10:00 e as 11:00 horas dende hoxe 8 de maio. Todas estas actividades son gratuítas e non é preciso anotarse previamente. As rutas que se celebran os domingos teñen como horario de saída as 11:00 horas.

O roteiro deste domingo levará aos camiñantes ao teito natural do Concello, o pico da Beitureira cunha altitude de 410 metros. Nos últimos meses o Concello actuou na zona mellorando a sinalización do roteiro e colocando uns paneis informativos. Dende este mirador temos unhas vistas privilexiadas. Cara o norte álzanse os montes Areal e o mítico Castro Lupario ou de Francos, tan relacionados con lendas xacobeas. Dende esa perspectiva albíscanse a emblemática Curota ou os cumios do Barbanza. Cara o leste vemos o perfil da área urbana de Santiago no que destacan as torres da Catedral. Movéndose cara o sur imos localizar o Val de Santa Lucía e o Pico Sacro (533 metros). Se seguimos xirando na cima vemos a Estrada no Val de Tabeirós e seguindo cara o oeste teremos diante de nós a paisaxe da desembocadura do río Ulla e o contorno da ría da Arousa.

O roteiro do 8 de xuño, pola zona de Francos (Calo) con visita prevista ao Castro Lupario está adaptado para persoas xordas xa que contará cun intérprete de linguaxe de signos. Este roteiro faise en colaboración coa Asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela.

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.