Ola a todos,
Hai algo máis dun ano,
un grupo de veciños do concello, constituimos unha plataforma veciñal
para esixir á Administración Autonómica unha mellora do moi deficiente servizo de
transporte do corredor de Cacheiras.
En Xaneiro de 2013
presentamos unha instancia administrativa no rexistro da Dirección Xeral de
Mobilidade, respaldada pola sinatura de case 2.000 veciños e comerciantes do
concello, na que se pedía unha prestación de servizo con frecuencias de media
hora dende Pontevea ata Santiago, os días laborais e unha hora os festivos.
Tamén pediamos unha ampliación de horarios, dende as 7,30 h ata as 10,30 h os
laborais e de 8,00 h a 22,00 h os festivos, ademáis do cumprimento das normas
sobre accesibilidade na flota de autobuses, para que todos os veciños podan
facer uso do transporte.
Dende entón, mantivemos dúas
xuntanzas coa DXM, ás que asistíu unha comisión composta por representantes dos
veciños, comerciantes, tecido asociativo e voceiros de tódalas formación
políticas con presenza na Corporación municipal, das que obtivemos un respaldo
unánime.
Tras os estudos e análises
pertinentes á Xunta comprometéuse a dar solución en brevidade ó
problema, diso fai 7 meses. Neste tempo, ademáis de non resolver e non
respostar, rompeu unilateralmente un convenio sobre transporte metropolitano
vixente dende 2010, no que se recollían melloras aprobadas para os concellos da
Área de Santiago, entre os que está o noso.
Por esa razón, e vista a
falla de vontade da Xunta, por resolver o problema, puxemos en marcha unha nova
campaña de presión.
Solicitamos a todos veciños,
comerciantes e asociacións que participen e difundan o contido da nosa
iniciativa, explicada no sitio web teobus.com,
no que pedimos que TODOS envíen un email ó enderezo da DXM esixindo a
resolución do procedemento aberto pola plataforma hai un ano.
Dende que empezóu a campaña,
xa se teñen enviado varios centos de correos electrónicos, pero precisamos
todos os que podamos conseguir.
Todos gañaremos si
mellora este servizo, usuarios e non usuarios. Un concello illado esmorece. As
perspectivas de negocio mellorarían, o censo se incrementaría e con él os
servizos e a calidade de vida de todos os veciños.
Moitas grazas por participar
e dar difusión. Grazas por implicarvos no interese de todos.
Un cordial saúdo.
Conchi García
Plataforma de Veciños en
Defensa do Transporte Público de Teo