martes, 11 de junio de 2013

ANEXO A ACTA DA CONVOCATORIA XORNADA ENCONTRO VECIÑAL CONCELLO DE TEO

Anexo a acta da reunión coas asociacións do 24 de maio de 2013

Estimados veciños e veciñas:

Unha vez visto o contido da acta facilitada polos técnicos , podo adiantar que algunha das conclusións  poden ser asumidas de xeito  doado por esta concellería. Algunhas dependen da acción e compromiso conxunto de mais áreas de goberno, e polo tanto non poden ser aceptadas de xeito individual por min.

Podemos velas unha a unha:

·      A persoa de referencia para o contacto coas asociacións veciñais, son eu como concelleiro da área.  As cuestión competencia desta área, serán resoltas directamente, e as que non, identificarase á persoa responsable, ou se así se require será trasladada directamente dende relación veciñais cara ese departamento.  Estas últimas  poderán  ser obxecto de seguimento  dende esta concellería.


·        Dous contactos anuais entre responsables municipais e responsables das entidades veciñais. Realizaranse nos meses de outubro e abril. O primeiro deles será venres 4 de outubro no concello de Teo.   Neste primeiro intentarase que estea presente o Alcalde, ademais do concelleiro da área.

·   Difusión dende o concello das actividades das entidades: as actividades que vos consideredes de interese difundiranse dende esta concellería ao resto de entidades. E se facedes chegar un cartel, será posto  no local  municipal.

·        Promover a ruta das asociacións.  Organizar unha visita tres veces no ano,  á algunha das entidades veciñais. Comezaremos en outubro/novembro.

·        Trasladar a necesidade de respostas por escrito ao resto das áreas.

·        Convocar as reunións, sempre que sexa posible, con un mínimo de 15 días de antelación. Excepto nos casos de urxencia, nos que se entendera que non hai compromiso de asistencia.

·        O deseño dos instrumentos municipais de comunicación, será un dos  temas a explicar na reunión do día 4 de outubro.

·        As entidades que queiran ter os seus datos actualizados deberan facernos chegar nun prazo de 10 días, os seguintes datos: nome, ámbito de actuación, teléfono de contacto, mail. Estes datos serán feitos públicos.

            En Teo a 30 de maio de 2013



Asdo. Ignacio Iglesias Villar

Concelleiro de Benestar Social,  Igualdade  e Participación Veciñal

Concello de Teo

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.