martes, 11 de junio de 2013

ACTA DA CONVOCATORIA XORNADA ENCONTRO VECIÑAL CONCELLO DE TEO

Xornada Veciñal Concello de Teo 

Salón de Plenos do Casa do Concello de Teo, 24 de maio de 2013. 20h00- 22h00  horas.


Temas tratados:

1. Benvida e presentación da Xornada a cargo do Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias.

2. Presentación do plan de traballo da Xornada:
  •  propostas de mellora nas relación entre o Concello e as Asociacións,
  •  dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
3. Peche da Xornada.

➔ Asistencia ao Encontro:

  • Responsables políticos: Ignacio Iglesias, Concelleiro de Participación Veciñal.
  • Persoal  técnico:  Rosa  Muñiz  Castro e Luís  García  García,  Persoal  Técnico  de
  • Cidadania.
  • Integrantes da Xornada ( 17 persoas):
1. Benvida e presentación do Encontro a cargo do Concelleiro de  Participación Veciñal, Ignacio Iglesias. 

O  Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, dá inicio a Xornada co agradecemento ás persoas  pola asistencia  e  presenta  os obxectivos  da reunión  que consisten en identificar propostas de mellora en relación aos dous ámbitos de traballo propostos:
  •  as relacións entre Concello-Asociacións, e;
  •  as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
Unha vez feita  a presentación,  o Concelleiro,  deu paso a sesión de traballo  da Xornada conducida  por Rosa  Muñiz  e  Luís  García,  persoal  técnico  de  participación  cidadá,  da cooperativa Cidadania, asistencia técnica contratada para a realización da Xornada.

2. Presentación do plan de traballo da Xornada.

A continuación o Equipo Técnico recorda os obxectivos da Xornada e explica en que consiste a dinámica de traballo da xuntanza.

A xuntanza constitúe un espazo de encontro para o intercambio e reflexión conxunta de cara a promoción da participación cidadá e a activación do movemento veciñal de Teo. O proceso de traballo ten dous momentos;
  •  un primeiro momento, que foi a anterior xuntanza, recolléronse os principais problemas
  • e, un segundo momento, na xuntanza do día de hoxe, na que identificar propostas de necesidades do tecido asociativo mellora en base aos dous ámbitos ou temas propostos:
  • as relacións entre Concello-Asociacións, e;
  • as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
A metodoloxía de traballo aposta pola participación das persoas e colectivos asistentes  áMXornada a través da posta en común das diferentes ideas e do debate e da identificación de propostas. Para iso as persoas asistentes traballaron  primeiro e dous  grupos (45 minutos aproximadamente).  Un  grupo  centrado  nas  relacións  entre  Concello-Asociacións,  e,  outro grupo que traballou sobre as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.

As ideas traballadas nos grupos foron trasladas ao plenario por parte das persoas voceiras (30 minutos aproximadamente).

3. Conclusións do traballo realizado.

   Grupo:    relacións entre Concello-Asociacións:• Ter  como  referencia  unha  persoa,  dende  o  Concello,  que  coordine, centralice  e canalice as demandas veciñais.• Manter encontros periódicos entre o concello e as asociacións, o que permitiría unha mellor comunicación. Proponse dous ao ano, unha primeira na que estea o Alcalde e, unha segunda co Concelleiro.
  •   Ter  como  referencia  unha  persoa,  dende  o  Concello,  que  coordine, centralice  e canalice as demandas veciñais.
  •  Manter encontros periódicos entre o concello e as asociacións, o que permitiría unha mellor comunicación. Proponse dous ao ano, unha primeira na que estea o Alcalde e, unha segunda co Concelleiro.
  • Dar resposta, e informar, das reclamacións que as entidades formulan ao concello.
  •  Difundir, desde o Concello, as actividades  organizadas  polas  asociacións  veciñais; cando menos as que son abertas aos socios e sociais,  para que a xente interesada pida participar e as entidades cubran o número de prazas que ofertan..
  •  Actualizar os datos de contacto das Asociacións na web.
  •  Informar ás entidades de calquera convocatoria cun mínimo de 15 días de antelación.
  •  Promover a “ruta das asociacións” de coñecerse e dinamizar o concello, visitando os locais, actividades e, de paso, ás propias parroquias.
  •  Deseñar unha web municipal máis atractiva e participativa cun servizo de novas mellor
Grupo sobre dinámicas colaborativas entre as propias asociacións:

  •  Identificar  (Concelleiro) unha  persoa  coordinadora  no  concello,  e  promover  a constitución dun  espazo de encontro e de traballo con representación de todas as entidades veciñais,  tipo comisión coordinadora,  formulado como lugar de debate e preposición,  que  xunto  ao concello, establecer un plan de traballo. Podería reunirse cada seis meses.
  •  Oferta dun curso de dinamización  para a  participación, dirixido, cando  menos, ás directivas das entidades veciñais.
  • Deseño dun espazo web participativo. 
No debate en plenario deuse prioridade:

  • •a mellora da comunicación e a divulgación das iniciativas coas entidades veciñais por parte do Concello: mellorar a web, o boletín, etc.
  •  Proponse que o Concelleiro de Participación Veciñal, como responsable da área, para desenvolver as tarefas de  coordinación,  de forma  transparente e efectiva, entre as demandas das entidades veciñais e o conxunto de responsables políticos municipais.
  •  Establecer un espazo de debate e diálogo permanente entre o concello e as AAVV, pode ser por períodos, a través dunha estrutura máis ou menos formal. 
4. Peche da Xornada.

O Concelleiro de Participación Veciñal pecha agradecendo a participación das asociacións e persoas na Xornada de traballo, así como  traslada o seu compromiso de estudar e valorar conxunto de propostas feitas en canto a súa viabilidade técnica. Recórdase, finalmente, que se todas as cuestións tratadas se recollerán nunha acta para o seu envío ou entrega a todas as entidades e persoas interesadas.


Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.