domingo, 5 de mayo de 2013

ENCONTRO VECIÑAL CONCELLO DE TEO. 18 DE ABRIL DE 2013. ACTA

Encontro Veciñal Concello de Teo
Centro Sociocultural da Ramallosa, 18 de abril de 2013. 20h00- 21h30 horas.

Temas tratados:
  1. Benvida e presentación do Encontro a cargo do Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio
    Iglesias.
  2. Presentación do plan de traballo do Encontro.
  3. Conclusións do traballo realizado.
  4. Proposta de data de Xornadas coas Entidades Veciñais.
Asistencia ao Encontro:
  • Responsables políticos: Ignacio Iglesias, Concelleiro de Participación Veciñal.
  • Persoal técnico: Rosa Muñiz Castro e Luís García García, Persoal Técnico de Cidadania.
  • Integrantes do Encontro (17persoas):
Nome Apelidos    -    Asociación

Ángeles Alonso Santos - Asociación Veciñal de Bamonde
Josefina Angueira Cobo - Agrupación Veciñal da Igrexa e Cemiterio de Santa María de Lampai
Mª Carmen Balnco Varela - Asociación Cultural O Cachón
María Luísa Barba Ares - Asociación de Veciños de Montouto
Xurxo Bértola Rodríguez - AVV AUgas Mansas
Roberto Blanco Martínez - Asociación de Veciños A Ramallosa
Ana Conde Miranda - Asociación Veciñal de Bamonde
Modesto de Jesús García - Fonte dos Dises. Texexe
María Manuela Fernández Martínez - A.VV Carballeira do San Martiño
José Ramón García Freire - Asociación Cultural O Cachón
M. Fernando López López - A.VV Carballeira do San Martiño
Josefina Mártínez Espasinde - Asociación de Veciños Nova Revolta de Rarís
Luís Alberto Moure García - Asociación de Veciños Os Tilos
Manuel Sánchez Quintáns - Asocación Cultural 1910 Oza
Mónica E. Vilariño Cajaraville - Asociación de Veciños Nova Revolta de Rarís
Manuel Villar Barreiro - Fonte dos Dises. Texexe
José Villar Barreiro - Fonte dos Dises. Texexe

1. Benvida e presentación do Encontro a cargo do Concelleiro de Participación Veciñal,
Ignacio Iglesias.

O Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, dá inicio o Encontro co agradecemento ás persoas pola asistencia e presenta os obxectivos da reunión. O Concello de Teo quere facer unhas xornadas de traballo co conxunto das entidades veciñais e, previamente, realizou a convocatoria, do día de hoxe, ás directivas das Asociacións de Veciños e Veciñas coa finalidade de:
  • Preparar os contidos das Xornadas. Ter unha diagnóstico de partida que recolla cales son as principais problemáticas en dous planos:
- as relacións entre Concello-Asociacións, e;
- as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
  • Animar a que as entidades mobilicen ás súas persoas asociadas para que participen nesa xornada.
  • Contrastar unha posible data para a súa celebración.
Unha vez feita a presentación, o Concelleiro, presentou ao equipo técnico que conduciría a sesión de traballo do Encontro: Rosa Muñiz e Luís García, persoal técnico de participación cidadá, da cooperativa Cidadania, asistencia técnica contratada para a realización das Xornadas.

2. Presentación do plan de traballo do Encontro.

A continuación o Equipo Técnico recorda os obxectivos do Encontro e explica en que consiste a dinámica de traballo da xuntanza.

A xuntanza constitúe un espazo de encontro para o intercambio e reflexión conxunta de cara a promoción da participación cidadá e a activación do movemento veciñal de Teo. O proceso pretende abrir un diálogo que permita coñecer cales son os problemas e os retos do conxunto das asociacións veciñais e poder ter un plan de actuación que dea respostan ás necesidades detectatas.

A metodoloxía de traballo aposta pola participación das persoas e colectivos asistentes ao Encontro a través da posta en común das diferentes ideas e do debate e da identificación de propostas. Para iso as persoas asistentes traballaron primeiro e dous grupos (40 minutos aproximadamente). Un grupo centrado nas relacións entre Concello-Asociacións, e, outro grupo que trabalou sobre as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións. As ideas traballadas nos grupos foron trasladas ao plenario por parte das persoas voceiras (30 minutos aproximadamente).

3. Conclusións do traballo realizado.

Grupo: relacións entre Concello-Asociacións:
• Abandono total por parte do concello das asociacións de veciños.
• Falta de información das subvencións que corresponden ás asociacións.
• Escasa presenza, por parte do concello, nas asociacións de veciños.
• Falta de consulta cos veciños por parte do concello.
• Pouca estimulación de actividades dentro das asociacións.
• Escasa potenciación das relacións entre asociacións.
• Necesidade de convocatorias de xuntanzas con antelación mínima de dúas semanas.
• Necesidade de nomear a un coordinador coas asociacións, que centralice ou canalice as demandas das asociacións.
• Falta de comunicación e diálogo,debate entre o Concello e as Asociacións. Necesidade de establecer canles.
• Necesidade de actualización dos datos das asociacións na web do concello.
• Web municipal é unha ferramenta pouco participativa.
• Necesidade de facer as Xornadas do asociacionismo co concello.
• Descoñecemento sobre cal son ás demandas ou esixencias do concello con respecto  ás asociacións.

Grupo sobre dinámicas colaborativas entre as propias asociacións:
• A dispersión xeográfica dificulta as relacións entre AAVV.
• Falta de comunicación entre asociacións e competencia entre parroquias pequenas e grandes.
• Moitas asociacións atenden necesidades moi locais e cada un limítase a solucionar o seu problema.
• Necesidade de formación para a parrticipación (mellorar a dinámica de traballo dentro das entidades).
• Necesidade dun espazo de comunicación virtual entre asociacións.
• Pouca colaboración derivado do descoñecemento das cousas que traballa cada entidade. Existen prácticas colaborativas que non se aproveitan.
• Política de comunicación mal deseñada e pouco práctica (boletín, web,...).

4. Proposta de data de Xornadas coas Entidades Veciñais.

Finalmente, proponse que para facer unha boa difusión entre as persoas asociadas e a veciñanza é desexable ter máis marxe de tempo. As datas que se barallan, en función da disponibilidade dos responsables políticos, son: o venres 24 a partir das 20h00 ou o sábado 25, pola mañá.
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.