viernes, 21 de abril de 2017

SEMANA SOLIDARIA DO BANCO VECIÑAL DE ALIMENTOS DE TEO. COLABORA!

Sabías que en Teo existe un Banco Veciñal de Alimentos? Desde hai catro anos veciñas e veciños do concello xuntámonos nesta iniciativa de participación cidadá contra a desigualdade e o desperdicio de alimentos. Os servizos sociais do concello determinan as familias que son usuarias deste servizo.

 Nesta Semana Solidaria queremos pedirche colaboración: co teu tempo, facéndote voluntario/a, ou aportando alimentos: do 24 o 30 de abril recolleremos as doazóns nos centros escolares e no auditorio Constante Liste. Precisamos sobre todo leite, aceite e conservas, pero podes colaborar co que queiras. O domingo 30 de abril xuntarémonos no auditorio da Ramallosa Constante Liste para escoitar os contos e as cancións infantís de Luís Vallecillo. Será ás doce do mediodía e con entrada de balde. Vén coñecer o Banco Veciñal de Alimentos de Teo! 



viernes, 4 de septiembre de 2015

PATINAXE ARTISTICA FEDERADA EN TEO



Para todas e todos os alumnos que unha vez iniciados na actividade de Patín do Concello de Teo e queiran formar parte dun equipo de Patinaxe Federada, este ano a Asociación de Veciños A Ramallosa en colaboración co Concello de Teo, incia un curso de perfeccionamento, coa finalidade de poder asistir a competicións e exhibicións. 

Realizaranse probas de nivel. 

O comezo da actividade será na primeira semana de outubro. 

Días mais probables: luns e mércores de 19.00 a 20:00 no pavillón de deportes Ezequiel Mosquera da Ramallosa (Teo). (Días e horas suxeitas a cambios).

Realizarase unha reunión informativa previa para informar sobre a finalidade do curso, horarios, prezo, etc.


Contacta connosco a través de: avramallosa@gmail.com


Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.